Espiña Sen Rosa é o primeiro adianto de «Liberar as Arterias», o novo traballo de Sés, previsto para o 21 de Febreiro

Neste single mestúrase o mellor de Sés con guitarras, baterías, pandeiretas… un auténtico hit que ten como eixo a loita feminista, anima a levantarse, a romper as mordazas, a ser una mesma.

Sés non só segue mantendo a súa valente mensaxe, se non que neste novo traballo poténciao. Neste novo álbum Liberar As Arterias, Sés percorre América de norte a sur, como non podía ser doutra forma pasado polo seu propio filtro. Sés converteuse nunha das artistas de maior éxito en Galicia polo seu carisma e discurso, así como pola forza e calidade das súas cancións, que sen dúbida a levaron ha gañarse un oco no púbico.

Liberar As Arterias é o seu sétimo traballo discográfico co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúen unha selección de cancións con letra e música composta pola propia cantautora.

Etiquetado , , ,