Festival de Cans 2019 abre convocatoria a concurso e aumenta a dotación dos seus premios ata case 9.000 euros

Festival de Cans 2019 abre convocatoria a concurso e aumenta a dotación dos seus premios ata case 9.000 euros.

  • A inscripción será este ano gratuita e estará aberta ata o 3 de marzo, tendo todos os premios dotación económica por vez primeira na historia do festival.
  • Súmase un novo premio para a mellor dirección de fotografía, un xeito de estimular una nova e ineteresante xeneración de profesionais que está a emerxer.

En Cans xa se traballa para a XVI edición do Festival, que este ano se celebrará entre o mércores 22 e o sábado 25 de maio. A partir de hoxe, martes 8 de xaneiro, o Festival abre o período de recepción de obras para os seus recoñecidos concursos de curtametraxes (ficción, animación, non ficción) e de videoclips, aínda que tamén estará aberto a recibir longametraxes ou outro tipo de obras para formar parte da programación do resto de seccións do festival.

A inscripción poderase realizar de xeito totalmente gratuito a través da web do Festival de Cans, www.festivaldecans.gal e o prazo de inscripción estará aberto preto de dous meses, ata o domingo 3 de marzo.

Por vez primeira nos dezaseis anos de historia do festival, todos os premios terán dotación económica, ata chegar á cifra total de 8.900 euros, o que supón un aumento de mil euros con respecto á pasada edición. A partir desta edición o premio do Xurado dos veciños e veciñas terá dotación económica e, ademais, comezará a recoñecerse tamén a mellor dirección de fotografía das obras a concurso coa finalidade de estimular unha interesante xeración de profesionais que está a emerxer.

A organización considera que é un esforzo que debe asumir, e ratifica así o seu compromiso co apoio e promoción de novas creadoras e creadores, aos que irá destinada esta dotación económica. Deste xeito, os distintos xurados e o público do Festival outorgarán un total de trece Cans de Pedra, o singular galardón do festival, que este ano irá acompañado de premios en metálico en todas as categorías.

O máis relevante será o Premio do Xurado á Mellor curta de ficción dotado con 2.000 euros, seguido do Premio do público á mellor curta e o Premio do Xurado á Mellor curtametraxe de animación, dotados con 1.500 euros cada un. Ademais, Cans mantén a súa aposta pola categoría de non-ficción, denominada Furacáns, que terá un premio otorgado polo xurado de 1.000 euros. Na pasada edición, a inclusión desta categoría que premia as narrativas cinematográficas máis arriscadas, supuxo un enorme éxito e desde a organización agárdase que continúe medrando nesta edición. O Premio do Xurado ao Mellor videoclip estará dotado con 500 euros, e o Premio do público ao mellor videoclip con 300 euros. O resto das categorías premiadas, terán todas unha dotación de 300 euros: Mellor interpretación femenina, Mellor interpretación masculina, Mellor banda sonora orixinal, Mellor realización, Mellor guión, Mellor curtametraxe (elixida polo xurado das veciñas e veciños) e Mellor dirección de fotografía, que se incorpora nesta edición.

BASES XVI FESTIVAL DE CANS: http://www.festivaldecans.gal/gl/bases-de-inscricion-xvi-festival-de-cans/

INSCRICIÓN XVI FESTIVAL DE CANS: http://www.festivaldecans.gal/gl/inscricion-online-festival-de-cans-2019/

The following two tabs change content below.
"Un hombre con una idea nueva es un loco hasta que la idea triunfa."
Etiquetado , , ,