Oito festivais galegos crean unha asociación para o fortalecemento do sector

Oito festivais galegos crean unha asociación para o fortalecemento do sector

A entidade agrupa a oito dos festivais máis recoñecidos de Galicia, e nace co obxectivo de vertebrar o sector dos festivais musicais Atlantic Fest, Festival de la Luz, Revenidas, Ribeira Sacra, Sinsal SON Estrella Galicia, SonRías Baixas, Vive Nigrán e WOS Festival SON Estrella Galicia son os oito nomes que integran a recén creada asociación Festivais de Galicia.

Os oito proxectos reunidos suman, cada ano, a preto de 300.000 persoas, xeneran centos de postos de traballo e invisten máis de tres millóns de euros no territorio. Ademáis, contan cun amplo recoñecemento a nivel galego, español, e mesmo internacional: entre todos, atesouran varios premios nacionais e internacionais, contan con cerca de 100.000 seguidores en redes sociais e son un factor esencial de visibilización dos municipios onde se celebran, atraendo milleiros de visitantes e turistas.

Na rolda de prensa de presentación celebrada esta mañá en Santiago de Compostela, representantes das oito entidades compartiron os obxectivos do proxecto común. Os oito participantes destacaron que non se consideran competencia, senon que coinciden na idea de que compartendo coñecementos e baixo un esforzo coordinado facilitarán a creación e consolidación de novos públicos no territorio, así como a construcción dun modelo produtivo que beneficie estratexicamente a todas as partes implicadas: público, institucións, territorio e organizadores. Luis Campos, director do Festival SinSal SON Estrella Galicia e presidente da asociación, asinalaba a capacidade amplificada que confire a coordinación de esforzos para acadar colectivamente metas complexas que individualmente son moito máis difíciles de construir.

Os representantes da asociación indicaron tamén entre as súas metas a promoción de festivais únicos, diferenciados, con valores singulares, adaptados á realidade do noso entorno social e xeográfico, seguros e sostibles, en armonía co territorio e co medio ambiente.

Carlos Montilla,director do festival Ribeira Sacra, destacou que este esforzo enmárcase nunha “carreira a medio prazo” e caracterizou os festivais galegos pola súa “profesionalidade, calidade, cantidade e diversidade”. A asociación é aberta e busca incluir distintas sensibilidades, ubicacións, e contextos: urbanas e rurais, de interior e de costa, etc.

Xabier Alonso, coordinador do proxecto, indicou entre as metas do mesmo a visibilización e posta en valor dun sector profesional que xera emprego e retorno económico, social e medioambiental para o territorio e para outros sectores. Tamén a regulación de boas prácticas que favorezan a competencia sana, como é o caso da avaliación do impacto sobre o territorio, acerca do que Alonso indicou que “é necesario establecer novas metodoloxías que solventen a falta de obxectividade que se dá actualmente neste aspecto, non non só na medición cuantitativa, senón tamén na cualitativa, e non só a nivel galego senón a nivel estatal”. Neste último sentido territorial, tamén Luis Campos indicaba que este proxecto pioneiro é in
édito en España.

Os promotores da asociación resaltan que para acadaros obxectivos contan con profesionais que figuran entre os máis cualificados de Galicia e España para proporcionar ao públicos experiencias únicas, cheas de música, actividades e vivencias que só é posible vivir en Galicia, onde o que importan son as persoas, porque o maior premio e que queiran volver ano tras ano. Jordi Lauren, do festival SonRías Baixas, salientou o optimismo” do colectivo de cara a buscar solucións que den resposta ás necesidades tanto do sector do festival como dos retos e demandas depositadas sobre estes. “O reto é construír un modelo de festival en calidade, profesionalización e seguridade”.

Participaron

Xabier Alonso, xerente da asociación empresarial Festivais de Galicia
Carlos Montilla, do Ribeira Sacra
Luis Campos, do Sinsal
Jordi Lauren, do SonRías Baixas
Xoán Quintáns, de Revenidas
Iván Arias, do WOS
Juan Rivas, do Vive Nigrán
Susana Laya e Toño Caneda, do Atlantic Fest
Santi Castromán, do Festival de la Luz

The following two tabs change content below.
"Un hombre con una idea nueva es un loco hasta que la idea triunfa."
Etiquetado , , ,