Palmarés Premios Mestre Mateo 2016

“O Descoñecido” colleita doce premios Mestre Mateo.

A decimocuarta edición dos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual saldouse con doce galardóns para a longametraxe “O Descoñecido”. A película de Vaca Films, dirixida por Dani de la Torre levaba recollidos unha ducia de premios, incluídos o de mellor película, mellor director e os catro Mestre Mateo nas catro categorías de interpretación. A longametraxe case monopolizou a noite. Tras “O Descoñecido”, “Lobos sucios” foi a seguinte obra no palmarés obtendo dous premios.

A gala celebrada no Pazo da Ópera da Coruña foi presentada por Marga Pazos e Xosé A. Touriñán e ademais do humor, a gala foi alternando a historia do audiovisual galego desde a primeira película galega,”Miss Ledya”, coa utilización de novos xeitos de comunicación audiovisual, as redes ou o uso de drones. Polo escenario coruñés tamén pasaron as verbas de Manuel María e unha reivindicación do sector audiovisual en todos os seus eidos.

Durante algo máis de dúas horas a gala ofreceulle escenario aos oficios que habitualmente non se pode aprezar o seu traballo. Electricistas, técnicos de son, rexedores, responsables de vestiario entre outros, pasaron polo escenario dos Mestre Mateo como entregadores de premios e para contar como son os seus labores nas películas e nas series galegas. A cerimonia, tamén como demostración das habilidades e do porvir do sector contou coa Banda Xabarín, formada por alumnas de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago. A banda aproveitou para repasar os grandes éxitos do Xabarín Club.

Na súa intervención, o presidente da AGA, Carlos Ares comezou o seu discurso denunciando a violencia machista antes de facer un repaso da situación do audiovisual en Galicia.

Na noite dos Mestre Mateo entregouse tamén o Premio de Honra “Fernando Rey” ao director de cine Xavier Villaverde. O realizador salientou a importancia dos equipos e fixo fincapé na limitada presencia de mulleres na dirección do cine a pesar de que “no audiovisual estamos máis concienciados que noutros sectores”. Villaverde explicou que se “unha sociedade non coida o talento, non pode progresar”.

Premios Mestre Mateo por número de galardóns

O Descoñecido (12) | Longametraxe, Actor protagonista, Actor de reparto, Actriz protagonista, Actriz de reparto, Dirección,Fotografía, Produción, Guión, Montaxe, Música, Son.

Lobos Sucios (2) | Arte, vestiario

Serramoura (1) | Serie

Hospital Real (1) | Maquillaxe e perruquería

Land Rober (1) | Realización

Premiados por Categorías

LONGAMETRAXE
O Descoñecido (De Vaca Films e Atresmedia Cine, coa participación de TVG)

SERIE TV
Serramoura (Capítulos 14-36) (De Voz Audiovisual e TVG

SERIE WEB
El Método Sueco (Capítulos 2-7)” (De Porco Bravú)

CURTAMETRAXE DE ANIMACION
O Terceiro Porco (De IES Imaxe e Son)

DOCUMENTAL
Os Días Afogados (De Amanita Films coa participación de TVG)

CURTAMETRAXE
Eco (De Xacio Rodríguez Baño)

VIDEOCLIP
Buscando a Superfama (Herdeiros da Crus) (De Miss Movies)

PROGRAMA DE TV
Zigzag Diario (De TVG)

ANUNCIO PUBLICITARIO
Imposible sen ti (De Tex45 Producións en colaboración con Ainé
Producións)

INTERPRETACION MASCULINA PROTAGONISTA
Luis Tosar (Por O Descoñecido)

INTERPRETACION MASCULINA DE REPARTO
Javier Gutiérrez (Por O Descoñecido)

INTERPRETACION FEMININA PROTAGONISTA
Paula del Río (Por O Descoñecido)

INTERPRETACION FEMININA DE REPARTO
Elvira Mínguez (Por O Descoñecido)

COMUNICADOR/ A DE TV
Martín Barreiro (Por Telediario Territorial Galicia – El tiempo)

DIRECCIÓN
Dani de la Torre (Por O Descoñecido)

DIRECCION DE FOTOGRAFIA
Josu Incháustegui (Por O Descoñecido)

DIRECCION DE ARTE
Antonio Pereira (Por Lobos sucios)

DIRECCION DE PRODUCCION
Carla Pérez de Albéniz (Por O Descoñecido)

GUIÓN
Alberto Marini (Por O Descoñecido)

MONTAXE
Jorge Coira (Por O Descoñecido)

REALIZACIÓN
José Villaverde (Por Land Rober Tuna i Show)

MÚSICA ORIXINAL
Manuel Riveiro (Por O Descoñecido)

SON
David Machado, Nacho Arenas e Jaime Fernández (Por O Descoñecido)

VESTIARIO
Marta Anta (Por Lobos sucios)

MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA.
Óscar Aramburu, Sabela Sanmartín, e Alberto Hortas, por Hospital Real
(Capítulos 1-15).

Fotografía: Marcos Martínez

The following two tabs change content below.
"Un hombre con una idea nueva es un loco hasta que la idea triunfa."
Etiquetado , , , ,