WOS, nomeado aos European Festival Awards e Iberian Festival Awards

WOS, nomeado aos European Festival Awards e Iberian Festival Awards.

Achégase o final do ano, e esperamos que cando repases os mellores momentos do 2017 a cuarta edición de WOS se atope entre os primeiros da lista. Cinco días e noites nos que un ano máis as rúas de Compostela enchéronse de propostas artísticas arriscadas e selectas, mesas para a reflexión, cinema, estreas, audiovisual, performance, e, o máis importante, as túas emocións. Se non puideches vir ou se queres lembralo, tentámolo condensar en 3:59 minutos, dálle ao play!

Un 2017 no que en tan só catro edicións WOS consolidouse como unha cita crave na axenda cultural galega, e obtivo o recoñecemento de público e xurado nos dous grandes certames de ámbito ibérico e europeo: os European Festival Awards e os Iberian Festival Awards. Nos European Festival Awards, cuxa fase de votación do público xa está pechada, WOS é o único festival galego nomeado, na categoría ao mellor festival indoor xunto a competidores como o Lisboa Dance Festival, o MENT Ljubljana ou o OUT.FEST, entre outros. Nos Iberian Festival Awards WOS foi nomeado en cinco categorías: á mellor programación, mellor festival de pequeno formato, mellor promoción turística, mellor programa cultural e mellor festival indoor.

A votación do público está aberta ata o 17 de xaneiro. Grazas por tomarte un minuto para votar! Vémonos en 2018!

The following two tabs change content below.
"Un hombre con una idea nueva es un loco hasta que la idea triunfa."
Etiquetado , , , ,